O CO2 é un gas de efecto invernadoiro. Isto puidémolo comprobar nun experimento que fixeron alumnos e alumnas deste centro, guiados por profesores e profesoras do departamento de Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química nos últimos días; pero…, ONDE SE PRODUCE?. Con este traballo os mesmos alumnos e profesores propuxéronse sinalar actividades que favorecen unha produción abondosa deste gas.
- Canto CO2 hai no aire atmosférico?…
- Canto CO2 hai no aire exhalado?…
- Canto CO2 hai no aire procedente dunha combustión de butano?…
Toma de mostras de aire
Tomamos mostras de aire dos tres tipos e deixámolas “gardadas” dentro dun globo. 
Imaxes que amosan o inflado de globos:
Disolución detectora de CO2
Prepáranse catro matraces con:
- 25 ml de auga.
- Unha gota de NaOH.
- Unha gota de fenolftaleína.
O hidróxido sódico (NaOH) dalle á disolución un carácter básico.
A fenolftaleína é un indicador de pH, que se pon rosa coas bases e perde cor cos ácidos.
A man de Ramiro engade unha gota de NaOH nos catro matraces…E despois, unha de fenolftaleína. Vede cómo a disolución se pon rosa de inmediato:
Xa temos os matraces listos para dectectar a presenza abondosa ou escasa de CO2:
Engadir aire con CO2 nos matraces
Introducimos agora o aire con CO2 recollido nos globos dentro dos matraces. As disolucións perderán a cor rosa, porque cambiará o pH (O CO2 contrarresta o carácter básico das disolucións preparadas).
Se a mostra de aire ten moito CO2 será un proceso rápido e se ten pouco será máis lento:
- Engadimos aire exhalado, e a disolución tarda 69 segundos en perder a cor. Nas fotografías seguintes pódese ver a cor da disolución en tres momentos diferentes:
- Engadimos aire da combustión do butano e o proceso dura 34 segundos :








