No noso escenario de sempre, o hall do instituto, tivo lugar o día 5 de maio este divertido xogo, no que puideron participar todos os alumnos, alumnas, e algún profesor!, para reordenaren o panel da fotografía, e colocaren en cada lugar a palabra axeitada.
Quedou claro que imos camiño de sermos políglotas…
- Antes de empezar atopámonos cun panel con espazos adicados a varias linguas: castelán, galego, inglés, portugués, francés e alemán. Nas beiras hai un montón de palabras que deberemos ir colocando onde lle corresponda…
- Os alumnos e alumnas empezaron a animarse…
- Seguían a buscar o lugar axeitado para cada palabra…
Cando rematou o recreo tiñamos feita unha boa parte…



