Experimento realizado a semana pasada por alumnos e alumnas de 2º e 3º de ESO no hall do do instituto.
- O matraz A simula unha atmósera de referencia, libre de dióxido de carbono.
- O matraz B simula unha atmósfera rica neste gas de efecto invernadoiro.
- Ambos recipientes, sempre tapados, son sometidos a un aumento de temperatura por estaren expostos a un foco de calor. Os dous teñen inserida a sonda dun termómetro para medirmos a temperatura.
- Cal se quentara máis….?
- O dióxido de carbono conséguese cunha mestura de vinagre e bicarbonato. A reacción química que se produce é a seguinte:
- Despois de dúas horas e media, o rexistro de temperaturas que os alumnos fan, indica que o CO2 é un gas de efecto invernadoiro, xa que a súa presenza vai acompañada dun aumento de temperatura de 1,2 graos centígrados.



