Con este experimento, alumnos e alumnas de 2º e 3º de ESO, tratan de demostrar cómo se produce o efecto invernadoiro.
Colocamos dous recipientes con auga baixo o efecto dun foco de calor. Un vaso estará pechado e outro aberto. Dous termómetros miden a temperatura continuamente…

Dúas horas despois de instalar o noso “simulador”…

O vaso A non sofre o efecto invernadoiro, e presenta unha temperatura menor, aínda que estea quentado polo mesmo foco de calor que o vaso B.

O vaso B, que sofre o efecto invernadoiro, aumentou a súa temperatura case nun grao centígrado.