“ENTENDER O PROBLEMA: O DESXEO DOS POLOS”
Abril 24, 2008 by oslamentosdegaia
Experimento: Simulando no hall do instituto o desxeo producido polo aumento de temperatura…
- Poñemos auga “mariña”, o mesmo volume, en tres cubetas distintas: unha será un referente de nivel da auga despois do desxeo, e as outras dúas actuarán de Ártico e Antártida.
- Poñemos xeo na “Antártida”, pousado sobre terra firme.
- Poñemos xeo no ”Ártico”, mergullado na auga.

Unha liña azul indica o nivel inicial da auga, antes de botarlle o xeo. Ao cabo das horas… derrétese.
- No Ártico non aumenta nin diminúe o nivel das augas. Por que?.

- Na Antártida aumenta o nivel das augas. Por que?

A resposta a estas preguntas e a outras moitas, neste blogue proximamente…
Publicado en mergúllate | Aínda non hai comentarios
Deixa un comentario