Este ano, o instituto IES Ollos Grandes propúxonos esta idea para profundar no problema do cambio climático e adicar un pouco de tempo a esta problemática, primeiro de xeito global e máis tarde de xeito local . É un proxecto no que nos informaremos sobre os problemas que sofre a nosa terra, as últimas noticias sobre iso e maneiras que podemos ter de solucionalo.
Cremos que a maioría da xente non chega a coñecer de pleno o que é o cambio climático e demais cousas relacionadas co mesmo, pero así, neste blogue, poderemos aclarar conceptos, despexar dúbidas e comentar todo o que creamos necesario. É un bo momento para que a sociedade tome conciencia do cambio climático e do papel que pode xogar cada individuo no tema. A sensibilización cara este gran problema é moi importante.
Falaremos proximamente dos factores que fomentan o cambio climático (quentamento global, efecto invernadoiro, rotura da capa de ozono…) e das causas e consecuencias que iso carrexa. Por suposto, aceptamos suxestións de todo tipo sobre o que vos gustaría que se comentase, etc.
Cremos que é unha boa oportunidade para atuar contra este problema: para enfrontar un grande reto hai que empezar con pequenos pasos e este pode ser un. Esperamos que vos guste este blogue.