O CO2 é un gas de efecto invernadoiro. Isto puidémolo comprobar nun experimento que fixeron alumnos e alumnas deste centro, guiados por profesores e profesoras do departamento de Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química nos últimos días; pero…, ONDE SE PRODUCE?. Con este traballo os mesmos alumnos e profesores propuxéronse sinalar actividades que favorecen unha produción abondosa deste gas.
Canto CO2 hai no aire atmosférico?…
Canto CO2 hai no aire exhalado?…
Canto CO2 hai no aire procedente dunha combustión de butano?…
Toma de mostras de aire
Tomamos mostras de aire dos tres tipos e deixámolas “gardadas” dentro dun globo.
Imaxes que amosan o inflado de globos:
Disolución detectora de CO2
Prepáranse catro matraces con:
25 ml de auga.
Unha gota de NaOH.
Unha gota de fenolftaleína.
O hidróxido sódico (NaOH) dalle á disolución un carácter básico.
A fenolftaleína é un indicador de pH, que se pon rosa coas bases e perde cor cos ácidos.
A man de Ramiro engade unha gota de NaOH nos catro matraces…E despois, unha de fenolftaleína. Vede cómo a disolución se pon rosa de inmediato:
Xa temos os matraces listos para dectectar a presenza abondosa ou escasa de CO2:
Engadir aire con CO2 nos matraces
Introducimos agora o aire con CO2 recollido nos globos dentro dos matraces. As disolucións perderán a cor rosa, porque cambiará o pH (O CO2 contrarresta o carácter básico das disolucións preparadas).
Se a mostra de aire ten moito CO2 será un proceso rápido e se ten pouco será máis lento:
Engadimos aire exhalado, e a disolución tarda 69 segundos en perder a cor. Nas fotografías seguintes pódese ver a cor da disolución en tres momentos diferentes:
Engadimos aire da combustión do butano e o proceso dura 34 segundos :
O xoves tivo lugar no hall do instituto o último dos CONCERTOS PARA TERRA. Antes de empezar, a expectación era máxima e os nosos artistas non defraudaron. Con dúas pezas creadas nesta casa e dúas interpretacións de melodías de Manu Chao e da película Amelie, volveron a deleitarnos a todos. Esperamos poder ofrecervos máis imaxes proximamente…
“Quincalla sonora”
Esta peza de percusión inclúe sons de varios instrumentos feitos polos alumnos e alumnas con material de refugallo. Como poderedes comprobar vós mesmos neste vídeo, é unha marabilla.
“Le valse d’Amelie”
Para este delicado vals tivemos aos alumnos de 2º de BAC, a un acordeonista de excepción e, como non, a Belén para dirixilos a todos.
“Manu Chao Mix”
Lástima que hoxe non vos poidamos ofrecer esta peza completa, problemas técnicos!. Mentres non remata a fase de produción deste vídeo, ofrecémosvos un anaquiño.
“Non hai castañas”
As rapazas do coro interpretan unha peza, composta por Belén, que fai alusión aos efectos visibles do cambio climático. Non hai castañas, nen cogomelos…
Continúan os concertos para a terra cunha afluencia de público cada vez maior. Hoxe non collía un alfinete… E iso que ninguén sabía a sorpresa que nos tiñan reservada os profes para rematar.
Alumnos e alumnas de 1º de BAC D interpretaron:
“Van Dieman’s Land”
“The Scientist”
Instantánea de algúns dos protagonistas
Alumnos e alumnas de 1º de BAC BCF interpretaron:
“Memoria da noite”
“Little elephant walk”
Instantánea de algúns dos protagonistas
“The Lion Sleeps Tonight”
Os alumnos e alumnas presentes aplaudiron con entusiasmo a interpretación que os profes fixeron da peza “The Lion Sleeps Tonight” (comentario dunha “reporteira profesora” deste blogue).
A reportaxe de vídeo que aparece a continuación contén só un fragmento, e de pouca calidade, pero a importancia do acontecemento xustifica que a deamos a coñecer (comentario dunha “reporteira profesora”):
Os profesores e profesoras, alumnos e alumnas, e todos os espectadores aplaudiron con insistencia a totalidade dos concertos celebrados ata hoxe. Seguro que mañán teremos que ampliar o hall do instituto para collermos todos…
No noso escenario de sempre, o hall do instituto, tivo lugar o día 5 de maio este divertido xogo, no que puideron participar todos os alumnos, alumnas, e algún profesor!, para reordenaren o panel da fotografía, e colocaren en cada lugar a palabra axeitada.
Quedou claro que imos camiño de sermos políglotas…
Antes de empezar atopámonos cun panel con espazos adicados a varias linguas: castelán, galego, inglés, portugués, francés e alemán. Nas beiras hai un montón de palabras que deberemos ir colocando onde lle corresponda…
Os alumnos e alumnas empezaron a animarse…
Seguían a buscar o lugar axeitado para cada palabra…
Cando rematou o recreo tiñamos feita unha boa parte…
Experimento realizado a semana pasada por alumnos e alumnas de 2º e 3º de ESO no hall do do instituto.
O matraz A simula unha atmósera de referencia, libre de dióxido de carbono.
O matraz B simula unha atmósfera rica neste gas de efecto invernadoiro.
Ambos recipientes, sempre tapados, son sometidos a un aumento de temperatura por estaren expostos a un foco de calor. Os dous teñen inserida a sonda dun termómetro para medirmos a temperatura.
Cal se quentara máis….?
O dióxido de carbono conséguese cunha mestura de vinagre e bicarbonato. A reacción química que se produce é a seguinte:
Despois de dúas horas e media, o rexistro de temperaturas que os alumnos fan, indica que o CO2 é un gas de efecto invernadoiro, xa que a súa presenza vai acompañada dun aumento de temperatura de 1,2 graos centígrados.
Detalle da última medida de temperatura do recipiente B
Con este experimento, alumnos e alumnas de 2º e 3º de ESO, tratan de demostrar cómo se produce o efecto invernadoiro. Colocamos dous recipientes con auga baixo o efecto dun foco de calor. Un vaso estará pechado e outro aberto. Dous termómetros miden a temperatura continuamente…
Dúas horas despois de instalar o noso “simulador”… O vaso A non sofre o efecto invernadoiro, e presenta unha temperatura menor, aínda que estea quentado polo mesmo foco de calor que o vaso B.
O vaso B, que sofre o efecto invernadoiro, aumentou a súa temperatura case nun grao centígrado.
Experimento: Simulando no hall do instituto o desxeo producido polo aumento de temperatura…
Poñemos auga “mariña”, o mesmo volume, en tres cubetas distintas: unha será un referente de nivel da auga despois do desxeo, e as outras dúas actuarán de Ártico e Antártida.
Poñemos xeo na “Antártida”, pousado sobre terra firme.
Poñemos xeo no ”Ártico”, mergullado na auga.
Unha liña azul indica o nivel inicial da auga, antes de botarlle o xeo. Ao cabo das horas… derrétese.
No Ártico non aumenta nin diminúe o nivel das augas. Por que?.
Na Antártida aumenta o nivel das augas. Por que?
A resposta a estas preguntas e a outras moitas, neste blogue proximamente…